Exercicio fisicoquímico
Xuño 15 2006 &pmpm2006-06-15T17:00:39+02:00u30Europe/Berlin;39 5:00 pm | En Científico | 2 comentarios
Este comentario é dunha rapaza de terceiro da ESO.
A pregunta era tan sinxela como : "Diferenza entre refractarios e gres" .
A resposta era tan sinxela como dicir que os primeiros eran cerámicas grosas e os outros cerámicas finas.
Pois ben, á rapaza non lle debeu de parecer moi orixinal, porque o que ela contestou foi:
"Os refractarios son rocas que nunca fixeron exercicio físico ou químico. Os gres son rocas que si fixeron exercicio físico ou químico"
Non sei, ao mellor ela viu algunha vez unha mole de granito de Porriño facendo footing pola autovía...
chuzame -
Inspiración do máis aló
Xuño 15 2006 &pmpm2006-06-15T16:54:41+02:00u30Europe/Berlin;41 4:54 pm | En Científico, Humanístico | Ningún comentario aínda
Un alumno de primeiro de bacharelato:
chuzame -
Fax
Xuño 8 2006 &pmpm2006-06-08T17:41:10+02:00u30Europe/Berlin;10 5:41 pm | En Científico, Un pouco de todo | Ningún comentario aínda
Exame de Tecnoloxía de primeiro da ESO.
Pregunta. Explica o funcionamento dun fax:
“El fax funciona de una manera un tanto rara, pero lo voi a explicar. Se escribe la mensaje en el ordenador o a mano, después se pone en el fax y le das a los botones que tiene (se marcan los botones para enviarlo al sitio que quieras, bueno, si el otro tiene fax).”
Tampouco foi mala esta resposta:
"El fax sirve para enviar cualquier cosa, excepto chocolatinas e xoguetes".
chuzame -
Incrible descubrimento
Maio 15 2006 &amam2006-05-15T07:51:28+02:00u31Europe/Berlin;28 7:51 am | En Científico, Humanístico | Ningún comentario aínda
Nun exame de primeiro de Bacharelato lemos:
A teoría cuántica foi formulada por NEWTON.
(Pero non llo contou a ninguén ata hoxe, polo que se ve).
chuzame -
Descartada
Maio 12 2006 &amam2006-05-12T10:09:48+02:00u31Europe/Berlin;48 10:09 am | En Humanístico, Social | Un comentario
chuzame -
“PLENSA AMALILLA”
Maio 11 2006 &pmpm2006-05-11T12:13:28+02:00u31Europe/Berlin;28 12:13 pm | En Un pouco de todo | Ningún comentario aíndaO mundo do xornalismo resulta sumamente interesante. Nunha animada charla entre profesora e alumnos sobre este mundo, xorde a seguinte pregunta:
- ¿Alguén sabe o que é a "prensa amarilla"?
Resposta inmediata dun futuro reporteiro: ¡A prensa oriental!
Isto si que é utilizar a lóxica.
chuzame -
Lacónico
Abril 30 2006 &pmpm2006-04-30T19:35:22+02:00u30Europe/Berlin;22 7:35 pm | En Artístico | Ningún comentario aínda
Esta, non a comentaremos.
Exame de 3º da ESO:
- Que é o gregoriano?
- O canto dos monxes gregos.
chuzame -
Funcións in-cribles
Abril 28 2006 &pmpm2006-04-28T15:08:53+02:00u30Europe/Berlin;53 3:08 pm | En Científico | Ningún comentario aíndaÁs veces, as clases de matemáticas serven incluso para potenciar a aprendizaxe da lingua e inventar
novas palabras...
Certo día, falando sobre as funcións inversas, un alumno aplicado pregunta:
"Profe, e se dan a función inversa e queremos calcular a VERSA?"
Interesante dedución: imposible - posible; insensato - sensato; incoherente - coherente... polo tanto versa - inversa. O dito, in-crible.
chuzame -
Abril 27 2006 &pmpm2006-04-27T18:56:44+02:00u30Europe/Berlin;44 6:56 pm | En Un pouco de todo | Ningún comentario aínda

Davila, Faro de Vigo, 27-IV-2006
chuzame -
Descubrindo o Universo
Abril 23 2006 &pmpm2006-04-23T17:43:21+02:00u30Europe/Berlin;21 5:43 pm | En Científico | Un comentarioFalando sobre os corpos que habitan no universo,
o profesor realiza a seguinte pregunta:
Ante a falta de resposta do alumnado, decide dar unha pista que, a bo seguro, resulte definitiva:
Xa sabedes, o cometa Halley pasa a ser o cometa Eroski: Viva a astronomía!
chuzame -
cranios privilexiados é outro habitante da Blogaliza correndo
WordPress
Tema Pool deseñado por Borja Fernandez.
Sementes (feeds) RSS das anotacións e dos comentarios.
XHTML e CSS válidos. ^Enriba^