Feliz ano!!!
Decembro 21 2006 &amam2006-12-21T11:34:19+01:00u31Europe/Berlin;19 11:34 am | En Humanístico, Social | Ningún comentario aínda
Exame de Literatura de primeiro de Bacharelato:
Explica un motivo polo que o feito literario é sempre un feito social:
"O feito literario é un feito social porque entre emisor e receptor hai comunicación anal".
O dito, feliz ano!!
chuzame -
Herdanzas
Decembro 21 2006 &amam2006-12-21T11:08:03+01:00u31Europe/Berlin;03 11:08 am | En Humanístico, Social | Ningún comentario aíndaNeste exame de segundo da ESO demos coa clave da explicación da sociedade estamental:
"Estamento. Papel que se fai antes de morrer deixando os teus bens a outra persoa."
A quen lle deixou os seus bens o Antigo Réxime?
chuzame -
Descartada
Maio 12 2006 &amam2006-05-12T10:09:48+02:00u31Europe/Berlin;48 10:09 am | En Humanístico, Social | Un comentario
chuzame -
Mete medo!
Abril 23 2006 &pmpm2006-04-23T17:41:24+02:00u30Europe/Berlin;24 5:41 pm | En Social | Ningún comentario aíndaUnha aplicada profesora fala da estrutura dun xornal. Nunha páxina vén unha palabra rara: "efemérides". Pero a audaz docente é quen de explicala e mesmo se atreve a buscar algún exemplo:
- A ver, que se celebra o 12 de outubro?
- O 12 non sei, pero o 30, Halloween.
Estas respostas si que son das que meten medo.
chuzame -
Delitos postmodernos
Abril 23 2006 &pmpm2006-04-23T17:28:30+02:00u30Europe/Berlin;30 5:28 pm | En Anécdotas inclasificábeis, Humanístico, Social | Ningún comentario aíndaCerto día, un grupo de primeiro de bacharelato estaba resultando particularmente pesado e difícil de aturar.
O pobre do profesor dirixiu a clásica pregunta retórica: "Que fixen eu para merecer isto". Ante o que un alumno amante das madeiras contestou sen maior rubor: "Estudar".
Que gran delito! Kant, definitivamente, morreu.
chuzame -
Audacia empresarial
Abril 23 2006 &pmpm2006-04-23T17:17:52+02:00u30Europe/Berlin;52 5:17 pm | En Social | Ningún comentario aíndaCiclo Medio de Comercio.
Asignatura: Administración.
Pregunta: Defina "marca".
Resposta: Periódico deportivo que fala máis de fútbol ca de baloncesto.
chuzame -
cranios privilexiados é outro habitante da Blogaliza correndo
WordPress
Tema Pool deseñado por Borja Fernandez.
Sementes (feeds) RSS das anotacións e dos comentarios.
XHTML e CSS válidos. ^Enriba^

