Feliz ano!!!

Decembro 21 2006 &amam2006-12-21T11:34:19+01:00u31Europe/Berlin;19 11:34 am | En Humanístico, Social | Ningún comentario aínda

Exame de Literatura de primeiro de Bacharelato: 

Explica un motivo polo que o feito literario é sempre un feito social:

"O feito literario é un feito social porque entre emisor e receptor hai comunicación anal".

O dito, feliz ano!!

Chuzame! chuzame -

Herdanzas

Decembro 21 2006 &amam2006-12-21T11:08:03+01:00u31Europe/Berlin;03 11:08 am | En Humanístico, Social | Ningún comentario aínda

Neste exame de segundo da ESO demos coa clave da explicación da sociedade estamental:

"Estamento. Papel que se fai antes de morrer deixando os teus bens a outra persoa."

A quen lle deixou os seus bens o Antigo Réxime?

Chuzame! chuzame -

Darwinstóteles

Xuño 19 2006 &pmpm2006-06-19T16:49:13+02:00u30Europe/Berlin;13 4:49 pm | En Científico, Humanístico | Ningún comentario aínda

Nun exame de Filosofía de primeiro de Bacharelato podemos ler:

"Aristóteles foi un filósofo e astrónomo que recolleu a información sobre os avances científicos da Idade Media dado que houbo un parón evolucionista."

Chuzame! chuzame -

Inspiración do máis aló

Xuño 15 2006 &pmpm2006-06-15T16:54:41+02:00u30Europe/Berlin;41 4:54 pm | En Científico, Humanístico | Ningún comentario aínda
  

Un alumno de primeiro de bacharelato:
  

"Kepler foi de grande axuda a Einstein para formular a lei da gravitación universal".
  

Está claro que todas as axudas son poucas.

 

 

 

Chuzame! chuzame -

Incrible descubrimento

Maio 15 2006 &amam2006-05-15T07:51:28+02:00u31Europe/Berlin;28 7:51 am | En Científico, Humanístico | Ningún comentario aínda

newton 2.jpgNun exame de primeiro de Bacharelato lemos:

A teoría cuántica foi formulada por NEWTON.

(Pero non llo contou a ninguén ata hoxe, polo que se ve).

Chuzame! chuzame -

Descartada

Maio 12 2006 &amam2006-05-12T10:09:48+02:00u31Europe/Berlin;48 10:09 am | En Humanístico, Social | Un comentario
   

René Descartes (1596 - 1650)
  Nun exame de 2º de bacharelato unha rapaza escribiu:

 
"Descartes naceu no ano 1956 (...) e alistouse no exército do duque de Baviera debido á Guerra Fría".  

   

Ollo ás novas investigadoras!!! 

A ver se traemos a Descartes un día ao instituto para que nos conte como lle foi nesa guerra.

Chuzame! chuzame -

Der-rógame!

Abril 23 2006 &pmpm2006-04-23T17:39:13+02:00u30Europe/Berlin;13 5:39 pm | En Humanístico | Ningún comentario aínda

Que significa o verbo "derogar"?

Aguda resposta:
Insistir en la consecución del placer propio. Por ejemplo, cuando estás en una discoteca y le dices a una chica "no te hagas derogar".

Chuzame! chuzame -

Retracto de Erasmo

Abril 23 2006 &pmpm2006-04-23T17:36:32+02:00u30Europe/Berlin;32 5:36 pm | En Humanístico | Ningún comentario aínda

Erasmo de Rotterdam por Quentyn Metsys (1517)Materia prima: "Erasmo de Rotterdam foi castigado por non retractarse diante do papa".

Materia elaborada: "Erasmo de Rotterdam foi castigado por non querer saír nunha foto co papa".

Está claro que o que se move...

Chuzame! chuzame -

Bilingüísmo harmónico

Abril 23 2006 &pmpm2006-04-23T17:34:39+02:00u30Europe/Berlin;39 5:34 pm | En Humanístico | Un comentario

Reproducimos literalmente respostas dun exame de lingua castelá. O concepto de bilingüísmo harmónico que alguén tratou de acuñar débese referir á ambivalencia do noso alumnado para abraiarnos

HEXAEDRO. Triángulo de seis lados.
BARBARISMO. Un que fai cousas malas.
CASTIZO. Castillo pequeño.
BOLICHE. Persona que es muy pelotera.
ZULÚ. Una tropa.
HASTÍO. Como una astilla, unha cousiño pequena que se pode meter.
AVARO. Que non para de fumar. Que non ten ganas de facer nada.
VOLÁTIL. Un reptil volador.
PUERICULTURA. Cultivo del puerro.
EXHORTAR. Sacarlle o demo a alguén que leva dentro.
HEMI. Ciclo pequeno.

Chuzame! chuzame -

Delitos postmodernos

Abril 23 2006 &pmpm2006-04-23T17:28:30+02:00u30Europe/Berlin;30 5:28 pm | En Anécdotas inclasificábeis, Humanístico, Social | Ningún comentario aínda

Certo día, un grupo de primeiro de bacharelato estaba resultando particularmente pesado e difícil de aturar.
O pobre do profesor dirixiu a clásica pregunta retórica: "Que fixen eu para merecer isto". Ante o que un alumno amante das madeiras contestou sen maior rubor: "Estudar".

Que gran delito! Kant, definitivamente, morreu.

Chuzame! chuzame -
Páxina anterior »

cranios privilexiados é outro habitante da Blogaliza correndo WordPress Tema Pool deseñado por Borja Fernandez.
Sementes (feeds) RSS das anotacións e dos comentarios. XHTML e CSS válidos. ^Enriba^