Descubrindo o Universo

Abril 23 2006 &pmpm2006-04-23T17:43:21+02:00u30Europe/Berlin;21 5:43 pm | En Científico | Un comentario

Falando sobre os corpos que habitan no universo, o profesor realiza a seguinte pregunta:

"Quen me pode dicir o nome do cometa máis coñecido?"

Ante a falta de resposta do alumnado, decide dar unha pista que, a bo seguro, resulte definitiva:

"Pensade un pouco, en Lalín hai un centro comercial con ese nome"
A resposta dun avispado alumno foi inmediata: "O EROSKI"    

Xa sabedes, o cometa Halley pasa a ser o cometa Eroski: Viva a astronomía!

Chuzame! chuzame -

O movemento autoperforador da Terra

Abril 23 2006 &pmpm2006-04-23T17:23:37+02:00u30Europe/Berlin;37 5:23 pm | En Científico | Ningún comentario aínda

Nun exame sobre as enerxías renovabeis, ante a pregunta: "En que consiste a enerxía xeotérmica?", un alumno respostou:

"A enerxía xeotérmica consiste na calor da Terra, isto quere dicir que a Terra canto máis quente está, máis profundamente se perfora".
Velaquí a importante teoría sobre o movemento autoperforador da Terra. ¿¿??

Chuzame! chuzame -
« Páxina seguinte

cranios privilexiados é outro habitante da Blogaliza correndo WordPress Tema Pool deseñado por Borja Fernandez.
Sementes (feeds) RSS das anotacións e dos comentarios. XHTML e CSS válidos. ^Enriba^