Efecto Joule

Outubro 5 2007 &amam2007-10-05T11:23:08+02:00u31Europe/Berlin;08 11:23 am | En Científico | Ningún comentario aínda

Pregunta: Explica que é o Efecto Joule e cando se produce

 

Resposta: Cando os átomos se poñen en funcionamento e chocan entre si, e cando chocan  e cando a pila se agota, cando a pila se pon en funcionamento e cando tamén os átomos se poñen a funcionar.

 

Claro, resultaría demasiado doado dicir: produción de calor nun condutor ao circular corrente eléctrica a través do mesmo.

Mira que se complicou o rapaz!

Chuzame! chuzame -

Segredos que non o son tanto

Xaneiro 11 2007 &pmpm2007-01-11T16:04:09+01:00u31Europe/Berlin;09 4:04 pm | En Científico | Ningún comentario aínda

energianuclear1.jpg

Nunha clase sobre as transformacións enerxéticas, o profesor pregunta:
- "¿Que transformacións de enerxía se dan nun refresco que arrefría nun frigorífico?"

Un alumno espabilado contesta ao instante:
- "Pois, a enerxía eléctrica que proporciona o frigorífico transfórmase en enerxía nuclear"
Ante a reacción de asombro do profesor, o alumno matiza:
- " ¿E logo non se fusionan os átomos?"

Definitivamente, vese que hai moita xente que coñece a fórmula da Coca-Cola. Para que despois digan que é un segredo...

Chuzame! chuzame -

Ornitorrincolaringólogo

Decembro 12 2006 &pmpm2006-12-12T12:53:03+01:00u31Europe/Berlin;03 12:53 pm | En Científico | 2 comentarios

Exame de Música de segundo da ESO. Pregunta a profesora polo nome do médico do oído:

- Alumno 1: "Ornitorrinco."

- Alumno 2: "Que non, animal!"

- Profesora: "A ver, como se di logo?"

- Alumno 2 (todo cheo): "Otorrinonaringólogo."

Chuzame! chuzame -

Movendo os reloxos

Novembro 7 2006 &amam2006-11-07T10:06:11+01:00u30Europe/Berlin;11 10:06 am | En Científico | Un comentario

 

Remítenos esta "resposta lucidamente errada" un colega dende o Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela:

Isto ocorreu o primeiro ano que dei clase, polo que me quedou profundamente marcado no cerebro. Hoxe probablemente o consideraría unha resposta lucidamente errada.Estabamos co tema de Movemento Harmónico simple, no que estudamos que o periodo de oscilación dun péndulo depende da lonxitude do fío e máis do valor da gravidade. A pregunta do exame dicía algo así como: un reloxo de péndulo funciona correctamente na Terra. Que habería que facer para que siga funcionando correctamente se o levamos á Lúa, onde a gravidade é 1/6 da da Terra?A resposta foi: aumentar 6 veces a gravidade da Lúa.Isto pasa por andar movendo os reloxos a sitios onde ninguén os precisa.

Chuzame! chuzame -

Darwinstóteles

Xuño 19 2006 &pmpm2006-06-19T16:49:13+02:00u30Europe/Berlin;13 4:49 pm | En Científico, Humanístico | Ningún comentario aínda

Nun exame de Filosofía de primeiro de Bacharelato podemos ler:

"Aristóteles foi un filósofo e astrónomo que recolleu a información sobre os avances científicos da Idade Media dado que houbo un parón evolucionista."

Chuzame! chuzame -

Exercicio fisicoquímico

Xuño 15 2006 &pmpm2006-06-15T17:00:39+02:00u30Europe/Berlin;39 5:00 pm | En Científico | 2 comentarios

Este comentario é dunha rapaza de terceiro da ESO. 

A pregunta era tan sinxela como : "Diferenza entre refractarios e gres"

A resposta era tan sinxela como dicir que os primeiros eran cerámicas grosas e os outros cerámicas finas.

Pois ben, á rapaza non lle debeu de parecer moi orixinal, porque o que ela contestou foi:

 "Os refractarios son rocas que nunca fixeron exercicio físico ou químico. Os gres son rocas que si fixeron exercicio físico ou químico" 

Non sei, ao mellor ela viu algunha vez unha mole de granito de Porriño facendo footing pola autovía...

Chuzame! chuzame -

Inspiración do máis aló

Xuño 15 2006 &pmpm2006-06-15T16:54:41+02:00u30Europe/Berlin;41 4:54 pm | En Científico, Humanístico | Ningún comentario aínda
  

Un alumno de primeiro de bacharelato:
  

"Kepler foi de grande axuda a Einstein para formular a lei da gravitación universal".
  

Está claro que todas as axudas son poucas.

 

 

 

Chuzame! chuzame -

Fax

Xuño 8 2006 &pmpm2006-06-08T17:41:10+02:00u30Europe/Berlin;10 5:41 pm | En Científico, Un pouco de todo | Ningún comentario aínda

 

Exame de Tecnoloxía de primeiro da ESO.

Pregunta. Explica o funcionamento dun fax:

“El fax funciona de una manera un tanto rara, pero lo voi a explicar. Se escribe la mensaje en el ordenador o a mano, después se pone en el fax y le das a los botones que tiene (se marcan los botones para enviarlo al sitio que quieras, bueno, si el otro tiene fax).”

Tampouco foi mala esta resposta:

"El fax sirve para enviar cualquier cosa, excepto chocolatinas e xoguetes".

Chuzame! chuzame -

Incrible descubrimento

Maio 15 2006 &amam2006-05-15T07:51:28+02:00u31Europe/Berlin;28 7:51 am | En Científico, Humanístico | Ningún comentario aínda

newton 2.jpgNun exame de primeiro de Bacharelato lemos:

A teoría cuántica foi formulada por NEWTON.

(Pero non llo contou a ninguén ata hoxe, polo que se ve).

Chuzame! chuzame -

Funcións in-cribles

Abril 28 2006 &pmpm2006-04-28T15:08:53+02:00u30Europe/Berlin;53 3:08 pm | En Científico | Ningún comentario aínda

Ás veces, as clases de matemáticas serven incluso para potenciar a aprendizaxe da lingua e inventar novas palabras...

Certo día, falando sobre as funcións inversas, un alumno aplicado pregunta:

"Profe, e se dan a función inversa e queremos calcular a VERSA?"

Interesante dedución: imposible - posible; insensato - sensato; incoherente - coherente... polo tanto versa - inversa. O dito, in-crible.

Chuzame! chuzame -
Páxina anterior »

cranios privilexiados é outro habitante da Blogaliza correndo WordPress Tema Pool deseñado por Borja Fernandez.
Sementes (feeds) RSS das anotacións e dos comentarios. XHTML e CSS válidos. ^Enriba^