E tan pancho

Outubro 30 2006 &pmpm2006-10-30T12:39:28+01:00u31Europe/Berlin;28 12:39 pm | En Artístico | Ningún comentario aínda

Despois de varios minutos que o pobre profesor de Música dedica a explicar as excelencias do Concerto para violonchelo de Witold Lutoslawski, decídese a pulsar o play para que as/os alumnas/os poidan gozar del. Nese momento un alumno salta: "Profesor!". O profesor, sobresaltado, interrompe a reprodución da obra e escoita atónito a pregunta que tan urxentemente tiña que realizar o aplicado alumno:

- Cantos eran "Los Panchos"?

Chuzame! chuzame -

Lacónico

Abril 30 2006 &pmpm2006-04-30T19:35:22+02:00u30Europe/Berlin;22 7:35 pm | En Artístico | Ningún comentario aínda

 

Esta, non a comentaremos.

Exame de 3º da ESO:

- Que é o gregoriano?

- O canto dos monxes gregos.

Chuzame! chuzame -

Capacidade dedutiva

Abril 23 2006 &pmpm2006-04-23T17:20:48+02:00u30Europe/Berlin;48 5:20 pm | En Artístico | Ningún comentario aínda

Tratando o tema da ópera, dunha frase dada tal coma:
"Coro, peza para un grupo numeroso de cantantes, ao que cada vez se lle foi dando máis importancia, e que intervén para facer comentarios".

Foron capaces de chegar ás seguintes conclusións:
- "Grupo de persoas que critican por detrás, ao principio non eran importantes, pero co tempo chegaron a selo".
- "Grupo de persoas que cantan entre acto e acto".
- "Peza feita para un grupo de persoas que tan só dicían algún comentario".
- "Peza escrita para un grupo de xente para facer que a ópera sexa máis divertida".
- "Cantantes que entran a realizar comentarios".

Pero a queixa sempre é a mesma:
- "Profesor! Pero eu puxen o que viña no libro!"

Chuzame! chuzame -

cranios privilexiados é outro habitante da Blogaliza correndo WordPress Tema Pool deseñado por Borja Fernandez.
Sementes (feeds) RSS das anotacións e dos comentarios. XHTML e CSS válidos. ^Enriba^