Movendo os reloxos
Novembro 7 2006 &amam2006-11-07T10:06:11+01:00u30Europe/Berlin;11 10:06 am | En Científico | 
Remítenos esta "resposta lucidamente errada" un colega dende o Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela:
Isto ocorreu o primeiro ano que dei clase, polo que me quedou profundamente marcado no cerebro. Hoxe probablemente o consideraría unha resposta lucidamente errada.Estabamos co tema de Movemento Harmónico simple, no que estudamos que o periodo de oscilación dun péndulo depende da lonxitude do fío e máis do valor da gravidade. A pregunta do exame dicía algo así como: un reloxo de péndulo funciona correctamente na Terra. Que habería que facer para que siga funcionando correctamente se o levamos á Lúa, onde a gravidade é 1/6 da da Terra?A resposta foi: aumentar 6 veces a gravidade da Lúa.Isto pasa por andar movendo os reloxos a sitios onde ninguén os precisa.
chuzame -
Un comentario »
Semente (feed) RSS dos comentarios desta anotación. URI para facer seguemento
Deixar un comentario
cranios privilexiados é outro habitante da Blogaliza correndo
WordPress
Tema Pool deseñado por Borja Fernandez.
Sementes (feeds) RSS das anotacións e dos comentarios.
XHTML e CSS válidos. ^Enriba^
Vaites! Descubrín agora esta bitácora e encantoume
Sí que son curiosas as respostas que se atopan en moitos exames… eu inclúome entre os que soltan algunha que outra resposta lucidamente errada con frecuencia, hehe.
Comentario por Suso — 2 Decembro 2006 #