Incrible descubrimento

Maio 15 2006 &amam2006-05-15T07:51:28+02:00u31Europe/Berlin;28 7:51 am | En Científico, Humanístico | Ningún comentario aínda

newton 2.jpgNun exame de primeiro de Bacharelato lemos:

A teoría cuántica foi formulada por NEWTON.

(Pero non llo contou a ninguén ata hoxe, polo que se ve).

Chuzame! chuzame -

Descartada

Maio 12 2006 &amam2006-05-12T10:09:48+02:00u31Europe/Berlin;48 10:09 am | En Humanístico, Social | Un comentario
   

René Descartes (1596 - 1650)
  Nun exame de 2º de bacharelato unha rapaza escribiu:

 
"Descartes naceu no ano 1956 (...) e alistouse no exército do duque de Baviera debido á Guerra Fría".  

   

Ollo ás novas investigadoras!!! 

A ver se traemos a Descartes un día ao instituto para que nos conte como lle foi nesa guerra.

Chuzame! chuzame -

“PLENSA AMALILLA”

Maio 11 2006 &pmpm2006-05-11T12:13:28+02:00u31Europe/Berlin;28 12:13 pm | En Un pouco de todo | Ningún comentario aínda

O mundo do xornalismo resulta sumamente interesante. Nunha animada charla entre profesora e alumnos sobre este mundo, xorde a seguinte pregunta:

- ¿Alguén sabe o que é a "prensa amarilla"?

Resposta inmediata dun futuro reporteiro: ¡A prensa oriental!

Isto si que é utilizar a lóxica.

Chuzame! chuzame -

cranios privilexiados é outro habitante da Blogaliza correndo WordPress Tema Pool deseñado por Borja Fernandez.
Sementes (feeds) RSS das anotacións e dos comentarios. XHTML e CSS válidos. ^Enriba^