Lacónico
Abril 30 2006 &pmpm2006-04-30T19:35:22+02:00u30Europe/Berlin;22 7:35 pm | En Artístico | Ningún comentario aínda
Esta, non a comentaremos.
Exame de 3º da ESO:
- Que é o gregoriano?
- O canto dos monxes gregos.
chuzame -
Funcións in-cribles
Abril 28 2006 &pmpm2006-04-28T15:08:53+02:00u30Europe/Berlin;53 3:08 pm | En Científico | Ningún comentario aíndaÁs veces, as clases de matemáticas serven incluso para potenciar a aprendizaxe da lingua e inventar
novas palabras...
Certo día, falando sobre as funcións inversas, un alumno aplicado pregunta:
"Profe, e se dan a función inversa e queremos calcular a VERSA?"
Interesante dedución: imposible - posible; insensato - sensato; incoherente - coherente... polo tanto versa - inversa. O dito, in-crible.
chuzame -
Abril 27 2006 &pmpm2006-04-27T18:56:44+02:00u30Europe/Berlin;44 6:56 pm | En Un pouco de todo | Ningún comentario aínda

Davila, Faro de Vigo, 27-IV-2006
chuzame -
Descubrindo o Universo
Abril 23 2006 &pmpm2006-04-23T17:43:21+02:00u30Europe/Berlin;21 5:43 pm | En Científico | Un comentarioFalando sobre os corpos que habitan no universo,
o profesor realiza a seguinte pregunta:
Ante a falta de resposta do alumnado, decide dar unha pista que, a bo seguro, resulte definitiva:
Xa sabedes, o cometa Halley pasa a ser o cometa Eroski: Viva a astronomía!
chuzame -
Mete medo!
Abril 23 2006 &pmpm2006-04-23T17:41:24+02:00u30Europe/Berlin;24 5:41 pm | En Social | Ningún comentario aíndaUnha aplicada profesora fala da estrutura dun xornal. Nunha páxina vén unha palabra rara: "efemérides". Pero a audaz docente é quen de explicala e mesmo se atreve a buscar algún exemplo:
- A ver, que se celebra o 12 de outubro?
- O 12 non sei, pero o 30, Halloween.
Estas respostas si que son das que meten medo.
chuzame -
Der-rógame!
Abril 23 2006 &pmpm2006-04-23T17:39:13+02:00u30Europe/Berlin;13 5:39 pm | En Humanístico | Ningún comentario aíndaQue significa o verbo "derogar"?
Aguda resposta:
Insistir en la consecución del placer propio. Por ejemplo, cuando estás en una discoteca y le dices a una chica "no te hagas derogar".
chuzame -
Retracto de Erasmo
Abril 23 2006 &pmpm2006-04-23T17:36:32+02:00u30Europe/Berlin;32 5:36 pm | En Humanístico | Ningún comentario aínda
Materia prima: "Erasmo de Rotterdam foi castigado por non retractarse diante do papa".
Materia elaborada: "Erasmo de Rotterdam foi castigado por non querer saír nunha foto co papa".
Está claro que o que se move...
chuzame -
Bilingüísmo harmónico
Abril 23 2006 &pmpm2006-04-23T17:34:39+02:00u30Europe/Berlin;39 5:34 pm | En Humanístico | Un comentarioReproducimos literalmente respostas dun exame de lingua castelá. O concepto de bilingüísmo harmónico que alguén tratou de acuñar débese referir á ambivalencia do noso alumnado para abraiarnos
HEXAEDRO. Triángulo de seis lados.
BARBARISMO. Un que fai cousas malas.
CASTIZO. Castillo pequeño.
BOLICHE. Persona que es muy pelotera.
ZULÚ. Una tropa.
HASTÍO. Como una astilla, unha cousiño pequena que se pode meter.
AVARO. Que non para de fumar. Que non ten ganas de facer nada.
VOLÁTIL. Un reptil volador.
PUERICULTURA. Cultivo del puerro.
EXHORTAR. Sacarlle o demo a alguén que leva dentro.
HEMI. Ciclo pequeno.
chuzame -
Delitos postmodernos
Abril 23 2006 &pmpm2006-04-23T17:28:30+02:00u30Europe/Berlin;30 5:28 pm | En Anécdotas inclasificábeis, Humanístico, Social | Ningún comentario aíndaCerto día, un grupo de primeiro de bacharelato estaba resultando particularmente pesado e difícil de aturar.
O pobre do profesor dirixiu a clásica pregunta retórica: "Que fixen eu para merecer isto". Ante o que un alumno amante das madeiras contestou sen maior rubor: "Estudar".
Que gran delito! Kant, definitivamente, morreu.
chuzame -
O imperio contraataca!!!
Abril 23 2006 &pmpm2006-04-23T17:26:34+02:00u30Europe/Berlin;34 5:26 pm | En Científico | Ningún comentario aínda
Nun exame de bioloxía e ante a pregunta:
un alumno con alma de superheroe respostou:
¡Ponte a tremer Superman!
chuzame -
cranios privilexiados é outro habitante da Blogaliza correndo
WordPress
Tema Pool deseñado por Borja Fernandez.
Sementes (feeds) RSS das anotacións e dos comentarios.
XHTML e CSS válidos. ^Enriba^

