Efecto Joule
Outubro 5 2007 &a.m.am2007-10-05T11:23:08+00:0000000031UTC;08 11:23 a.m. | En Científico | Ningún comentario aíndaPregunta: Explica que é o Efecto Joule e cando se produce

Resposta: Cando os átomos se poñen en funcionamento e chocan entre si, e cando chocan e cando a pila se agota, cando a pila se pon en funcionamento e cando tamén os átomos se poñen a funcionar.
Claro, resultaría demasiado doado dicir: produción de calor nun condutor ao circular corrente eléctrica a través do mesmo.
Mira que se complicou o rapaz!
Marzo 28 2007 &a.m.am2007-03-28T08:56:31+00:0000000031UTC;31 8:56 a.m. | En Anécdotas inclasificábeis | Ningún comentario aínda
Finais de marzo. Bágoas e risos. Apostas a ver quen suspende e aproba. Profes con caras serias. Exames tuneados en vermello… En medio desta voráxine un alumno, disconforme coa súa nota na avaliación, protesta airadamente ao seu profesor exclamando:
– «Boh!! e que eu non sabía que os puntos menos restaban!!!!!!!
Definitivamente, vese que non andamos ben no estudo dos números enteiros….
Febreiro 8 2007 &p.m.pm2007-02-08T19:14:37+00:0000000028UTC;37 7:14 p.m. | En Sen categorizar | Ningún comentario aínda
Segredos que non o son tanto
Xaneiro 11 2007 &p.m.pm2007-01-11T16:04:09+00:0000000031UTC;09 4:04 p.m. | En Científico | Ningún comentario aíndaNunha clase sobre as transformacións enerxéticas, o profesor pregunta:
– «¿Que transformacións de enerxía se dan nun refresco que arrefría nun frigorífico?»
Un alumno espabilado contesta ao instante:
– «Pois, a enerxía eléctrica que proporciona o frigorífico transfórmase en enerxía nuclear»
Ante a reacción de asombro do profesor, o alumno matiza:
– » ¿E logo non se fusionan os átomos?»
Definitivamente, vese que hai moita xente que coñece a fórmula da Coca-Cola. Para que despois digan que é un segredo…
Feliz ano!!!
Decembro 21 2006 &a.m.am2006-12-21T11:34:19+00:0000000031UTC;19 11:34 a.m. | En Humanístico, Social | Ningún comentario aínda
Exame de Literatura de primeiro de Bacharelato:
Explica un motivo polo que o feito literario é sempre un feito social:
«O feito literario é un feito social porque entre emisor e receptor hai comunicación anal».
O dito, feliz ano!!
Herdanzas
Decembro 21 2006 &a.m.am2006-12-21T11:08:03+00:0000000031UTC;03 11:08 a.m. | En Humanístico, Social | Ningún comentario aíndaNeste exame de segundo da ESO demos coa clave da explicación da sociedade estamental:
«Estamento. Papel que se fai antes de morrer deixando os teus bens a outra persoa.»
A quen lle deixou os seus bens o Antigo Réxime?
Ornitorrincolaringólogo
Decembro 12 2006 &p.m.pm2006-12-12T12:53:03+00:0000000031UTC;03 12:53 p.m. | En Científico | 2 comentarios
Exame de Música de segundo da ESO. Pregunta a profesora polo nome do médico do oído:
- Alumno 1: «Ornitorrinco.»
- Alumno 2: «Que non, animal!»
- Profesora: «A ver, como se di logo?»
- Alumno 2 (todo cheo): «Otorrinonaringólogo.»
Movendo os reloxos
Novembro 7 2006 &a.m.am2006-11-07T10:06:11+00:0000000030UTC;11 10:06 a.m. | En Científico | Un comentario 
Remítenos esta «resposta lucidamente errada» un colega dende o Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela:
Isto ocorreu o primeiro ano que dei clase, polo que me quedou profundamente marcado no cerebro. Hoxe probablemente o consideraría unha resposta lucidamente errada.Estabamos co tema de Movemento Harmónico simple, no que estudamos que o periodo de oscilación dun péndulo depende da lonxitude do fío e máis do valor da gravidade. A pregunta do exame dicía algo así como: un reloxo de péndulo funciona correctamente na Terra. Que habería que facer para que siga funcionando correctamente se o levamos á Lúa, onde a gravidade é 1/6 da da Terra?A resposta foi: aumentar 6 veces a gravidade da Lúa.Isto pasa por andar movendo os reloxos a sitios onde ninguén os precisa.
E tan pancho
Outubro 30 2006 &p.m.pm2006-10-30T12:39:28+00:0000000031UTC;28 12:39 p.m. | En Artístico | Ningún comentario aínda
Despois de varios minutos que o pobre profesor de Música dedica a explicar as excelencias do Concerto para violonchelo de Witold Lutoslawski, decídese a pulsar o play para que as/os alumnas/os poidan gozar del. Nese momento un alumno salta: «Profesor!». O profesor, sobresaltado, interrompe a reprodución da obra e escoita atónito a pregunta que tan urxentemente tiña que realizar o aplicado alumno:
- Cantos eran «Los Panchos»?
Darwinstóteles
Xuño 19 2006 &p.m.pm2006-06-19T16:49:13+00:0000000030UTC;13 4:49 p.m. | En Científico, Humanístico | Ningún comentario aíndaNun exame de Filosofía de primeiro de Bacharelato podemos ler:
«Aristóteles foi un filósofo e astrónomo que recolleu a información sobre os avances científicos da Idade Media dado que houbo un parón evolucionista.»
cranios privilexiados é outro habitante da Blogaliza correndo
WordPress
Tema Pool deseñado por Borja Fernandez.
Sementes (feeds) RSS das anotacións e dos comentarios.
XHTML e CSS válidos. ^Enriba^

